Friday 17 de May de 2024

Iniciadas as obras para instalar un ascensor no Conservatorio de Riveira


O Concello de Riveira informa do arranque dunha nova actuación destinada a mellorar a accesibilidade en edificios e espazos de uso público do municipio a través da colocación dun ascensor no edificio ocupado actualmente polo Conservatorio de Música.

Neste senso, operarios da empresas Domínguez Arias e Hijos SL comezaron esta semana as correspondentes obras, que teñen un prazo de execución de dous meses. O importe da actuación ascende a 82.102 euros, IVE incluído, que conta cunha subvención
Da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia ao abeiro da orde de 21 de xullo de 2016.

O edificio consta de semisoto e tres plantas que están comunicados mediante escaleiras, ademais de contar cun salvaescaleiras para persoas con mobilidade reducida que se antoxa obsoleto e insuficiente.

Así e logo, a actuación pretende instalar un ascensor na parte esquerda do interior do edificio. O foro terá unhas dimensións de 1,70x,1,90×1,50m e o ascensor será eléctrico, cunha velocidade de 1 m/s, portas automáticas e 640 kg de carga nominal (ata 8 persoas).